Ir o contido principal

O concello contactará con todas as persoas maiores de 65 anos que viven soas

O departamento de Servicios Sociais do concello do Arteixo, que dirixe Inés Ramos, comezará esta semana unha campaña de información dirixida a persoas maiores que viven soas, tratando de detectar as posibles necesidades xurdidas polo illamento da poboación nesta crise sanitaria provocada polo COVID-19. O número de estas persoas ascende a 1.006, que son os maiores de 65 anos que viven sos.

 É por esto que nos próximos días o persoal de servizos sociais se porá en contacto coas persoas maiores de 65 anos. Calquera persoa que coñeza maiores, persoas dependentes ou familias en situación de necesidade pode poñerse en contacto co departamento nos teléfonos e correo sinalados

Por outra parte o departamento de Servixos Sociais continua coa xestión das axudas de emerxencia social e mantén contacto coa poboación máis vulnerable do concello.  Neste sentido, as profesoras de persoas adultas, monitoras socioeducativa, educadoras e psicólogo manteñen contacto continuo cos seus grupos de traballo habitual. A atención préstase de forma telefónica ou por medio de correo electrónico.

As actividades sociais tamén se están a desenvolverse en formatos non presenciais por  medio das redes sociais, vídeos gravados polo monitorado, ou ben en directo a través de Instagram ou Zoom. 

O concello de Arteixo está traballando en coordinación cos centros educativos para detectar posibles situacións que requiren apoios necesarios para o benestar dos nenos

 Comedor a domicilio

O comedor a domicilio segue prestando o seu servicio de luns a venres, e manterase tamén durante a Semana Santa. Pola súa parte as traballadoras sociais continúan en contacto cos seus usuarios e familias máis vulnerables, realizando chamadas de seguimento, informando e tramitando as prestacións ás que poidan ter dereito.

En coordinación co Servizo de Protección Civil de Arteixo tamén se realizan labores de  apoio na compra de alimentación, farmacia, xestións variadas relacionadas cas necesidades que se van detectando e que as familias trasladan o departamento de Servizos Sociais.

 

CONTACTO CO DEPARTAMENTO:

 

  • CENTRO DE SERVIZOS SOCIAIS: 981 659 110
  • CENTRO SOCIAL DE MEICENDE: 981 258 458
  • ATENCIÓN A FAMILIAS: 981 659 134 e 981 658 112
  • ATENCIÓN PSICOLÓXICA: 981 659 113

 

Todas as chamadas recibidas nas centraliñas son desviadas ás profesionais de referencia.