O Concello non cobrará o recibo do lixo 2020 a hostaleiros e hoteleiros
Arteixo non cobrará nada en 2020 a hostaleiros e hoteleiros pola recollida do lixo.
Os dous recibos dos dous semestres do ano emitiránse por un valor de cero euros. A medida supón un novo apoio económico a este sector duramente castigado pola crise da COVID e ao que xa se lle abonou 1'3 millóns de euros en axudas directas a preto de 800 autónomos.
O concello levará esta modificación ao pleno do próximo 26 de novembro.
A esta exención de tasas súmase a xa aprobada sobre a ocupación dos terreos de uso público con postas, mesas e sillas con finalidade lucrativa; así como aquela que regula a utilización provativa ou aproveitamento especial do dominio público con motivo da venda ambulante na feira semanal.
Carlos Calvelo indica que "es el momento de poner nuestros recursos a disposición de todos aquellos que están sufriendo las consecuencias económicas del cierre de sus negocios”.