O Concello presenta ante a Xunta o plan especial que permitirá a construcción da nova piscina
Arteixo inicia os trámites urbanísticos necesarios para construir en Meicende e Pastoriza a nova piscina municipal. Trátase dun plan especial de Infraestructuras e dotacións que supón o paso previo para acadar os permisos necesarios que permitan a construcción do novo equipamento.
O novo plan permitirá ampliar a actual zona verde nas marxes do encoro de Meicende e servirá para dotar de novo equipamento a esa zona.
A nova piscina estará nunha zona de 20.000 metros cuadrados repartida en tres áreas. Unha edificable na que se ubicará o equipamento de 5.700 metros cadrados; unha segunda de 3.600 metros cadrados para aparcamentos e unha teceira de 13.700 m2 adicada a zona verde. A actuación tamén permitirá acometer un pequeno paseo fluvial que conectará as beirarrúas que baixan de Pastoriza coa nova instalación.
Récord de usuarios na piscina de Arteixo

Por outra banda, a piscina de Arteixo que cumpriu dous anos dende a súa remodelación en abril de 2015 alcanzou neste pasado mes de maio os 7.477 usuarios o que supón o dobre dende que se abriran as novas instalacións.
A obra do complexo, na Avenida de Arsenio Iglesias supuxo un coste total de 3.473.000 euros.