Ir o contido principal

O Concello recibiu 15 solicitudes da nova liña de subvención para ascensores

O Concello finaliza este xoves 17 de decembro o prazo de presentación da nova liña de subvencións para a instalación de ascensores. De momento, presentáronse quince comunicades de veciños que pretenden instalar elevadores en outros tantos edificios.

O departamento de Promoción Económica é o encargado de xestionar estas axudas ás que o concello adica este ano 300.000 euros. 

Nos últimos dous anos foron 41 os edificios que se beneficiaron destas subvencións. 

 A iniciativa inclúe axudas para a instalación de ascensores, salvaescaleras, rampas e outros dispositivos de accesibilidade. Serán 20.000 euros por ascensor para comunidade de veciños, e 6.000 euros para salvaescaleras e rampas. 

Para poder optar a esta axuda, os edificios solicitantes deberán ter como mínimo baixo e dúas alturas. Outorgaranse a todas as comunidades de propietarios que as soliciten e que presenten a documentación pertinenente. Trátase de subvencións compatibles con outras para a mesma fin como as que conceden o Estado ou a Xunta de Galicia.