Ir o contido principal

O Concello recupera os concertos que obrigou a suspender a borrasca "Fabien"

Os Revenidos, Versión Imposible e "Ambigüo" ofrecerán o concerto previsto para o pasado día 21, o próximo 4 de xaneiro. A actuación, prevista con motivo da Feira do Galo, foi suspendida debido á borrasca "Fabien" que deixou en toda a costa ventos superiores aos 100 km/h. 

Será, como estaba previsto, na Praza do Balneario a partir das sete da tarde. 

Ese mesmo día tamén se recuperará a carreira de bicicletas sen cadea que organiza a Asociación Deportiva Jarnachas e que discorrerá nos arredores do Balneario a partir das catro da tarde.