Ir o contido principal

O Concello renova as axudas para instalar ascensores

O Concello ven de renovar a liña de axudas para a instalación de ascensores, salvaescaleira e outros dispositivos que faciliten a accesibilidade. 

As subvencións para ascensores serán de 20.000 euros cada unha mentres que as de salvaescaleiras e outros elementos ascenden a 6.000 euros. 

Para poder optar estas axudas, os edificios terán que dispoñer como mínimo de baixo e dúas alturas. 

O BOP recollerá nos próximos días a publicación da nova liña de axudas e será a partir daquela cando podan comezar a solicitarse. As subvencións poderán acumularse coas que conceden outras administracións como a Xunta ou o Estado. 

En 2019 o concello concediu axudas para a instalación de ascensores por un importe global de 263.000 euros dos que se beneficiaron 15 comunidades de edificios.