Ir o contido principal

O Concello renova a súa colaboración con ASPACE

A Concelleira de Servizos Sociais asinou hoxe un convenio de colaboración con ASPACE que favorecerá que a administración local financie o transporte de usuarios da asociación para que poida prestar servizos de calidade aos usuarios afectados de parálise cerebral con residencia no municipio de Arteixo. 

Arteixo apoia así o traballo social que a entidade desenvolve no municipio. 

ASPACE ten como obxectivo a mellora da calidade de vida das persoas con parálise cerebral mediante a defensa dos seus dereitos, os servizos a entidades asociadas e a cooperación institucional. Tamén se ocupan da visibilidade das persoas con parálise mediante o impulso de proxectos e alianzas con distintas institucións e entidades privadas.