Ir o contido principal

O Concello traslada á Deputación de A Coruña as queixas dos veciños polo novo trazado da carretera de Sorrizo

Os usuarios critican que o novo trazado impide xiros á esquerda, para entrada en fincas ou vivendas, durante tres quilómetros

No caso de Uxes, os técnicos do concello elaboraron un informe que presentaron diante do organismo provincial xunto coas firmas que sobre este asunto tamén se ocuparon de recopilar os veciños da zona.

Según as demandas, o novo trazado impide o xiro á esquerda no trazado da carretera en Sorrizo o que obriga ós veciños a percorrer seis quilómetros de máis para poder acceder ás súas fincas ou vivendas. No caso de Uxes o pintado impide entrar á maioría das vivendas unifamiliares de zona por prohibir os xiros á esquerda ó que lles obriga a percorrer máis de medio quilómetro extra.