Ir o contido principal

O deporte completa a programación das festas do Apóstol

A programación festiva do Apóstol contempla, como cada ano, un amplo programa de competicións deportivas que, como as verbenas ou as procesións, xa forman parte da tradición destes festexos. 

O Atlético Arteixo e o Bergantiños protagonizan a XV edición do Trofeo de Fútbol "Memorial Lisardo Campos". Será o 25 de xullo ás 20 h no Campo de Fútbol Municipal Ponte dos Brozos. 

O Memorial Miro Penide de Xadrez chega á súa decimoterceira edición. Dispútase entre o 24 e o 28 de xullo no Pazo dos Deportes en horarios de mañá e tarde. 

O golf é protagonista en Larín coa celebración do XVIII Trofeo "Concello de Arteixo". O día 25 con saídas ás 9 e ás 13 h. 

A programación complétase co XXVII Torneo Chaveiro. Tamén o 25 de xullo no Campo de Chave a partir das 18 h. 

Atlético