Ir o contido principal

O director de cine Paco Plaza e a actriz Sandra Escacena visitan Arteixo

O Director de cine Paco Plaza estará en Arteixo para falar da súa última película.  "Verónica", está nominada ós premios Goya 2018 como mellor película, e conta a historia, baseada en feitos reais, dunha moza de Vallecas que, despois de xogar á "ouija" coas súas amigas comeza a experimentar unha serie de sucesos sobrenaturais.  

O director valenciano estará acompañado da actriz principal da cinta Sandra Escacena

Ambos forman parte do ciclo  “Gas Natural Fenosa de Cine Itinerante Premios Goya 2018” e da “Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España”. 

A cita é ás 19:00 h, e comezará coa proxección de “Verónica”. Posteriormente se levará a cabo a charla-coloquio. 

 

Un planeta imaxinario. Un verme branco, un ancián e un abano de diversidade. "Planeta Ardora" é a proposta que a compañía Trompicallo achega o próximo venres, 26 de xaneiro, ó Centro Cívico de Arteixo. 

Trátase dunha obra dirixida ao público infantil a partir de 3 anos, cun custo de entrada de 3 €. 

Trompicallo cumpre 20 anos dende que comezou a súa andaina. Alá polo 1996, Luís González e Marián González, despois de moitos anos de formación e traballo no teatro de marionetas, decidiron dar vida a este proxecto co fin de producir, investigar e difundir a arte dos títeres, empregando as máis variadas técnicas, estilos e postas en escena, sempre ao servizo da historia que se quere contar e sempre na procura dun xeito propio de expresión.