Ir o contido principal

"O Electo" de Contraproducións chega ao teatro de Arteixo

Contraproducións teatro chega hoxe ao Centro Cívico de Arteixo para poñer en escea "O Electo", unha obra baseada nun texto orixinal de Ramón Madaula que amosa a un recén elexido presidente da Xunta de Galicia que, nada máis chegar ao cargo, no seu discurso de investidura, enfróntase a un problema inesperado: un tic nervioso que descoñecía ata ese momento. 

A cita é ás 20.45 h e as entradas, para adultos, están á venda a 3 e 4 €