O entroido de Arteixo morrerá o mércores cunha comitiva fúnebre que rematará no Anfiteatro do Paseo Fluvial
Arteixo tamén enterrará o Meco do entroido. Como cada ano. Será o mércores 26 cun pasarrúas amenizado con música, actuacións, e todo a parafernalia festiva do entroido.
O cortexo fúnebre, acompañado dun carromato de madeira, sairá ás 19.30 h da Praza do Balneario e percorrerá as principais rúas do centro para rematar no Anfiteatro do Paseo Fluvial onde se procederá á queima do Meco.
