Ir o contido principal

O executivo ultima compra do Balneario para convertelo nun centro socio cultural

Costará tres millóns de euros. O edificio do Balneario será de propiedade municipal e transformarase nun centro socio cultural. Será con fondos da Fundación Amancio Ortega.

O Concello convoca a todos os grupos da corporación para unha comisión municipal na que se informará dos trámites necesarios para concretar a compra que, nos próximos días, formalizarase en escritura pública. 

Unha vez o edificio sexa de titularidade municipal, realizarase un proxecto de reforma e adecuación dos seus espazos para o seu aproveitamento público. 

O Balneario consta dun conxunto de edificios do século XVIII e é un elemento fundamental da historia de Arteixo. A zona na que se ubica xa dispón de outro equipamento público como a residencia de maiores oy a escola infantil, tamén doados pola Fundación Amancio Ortega. 

O executivo quere que este emblemático edificio sexa un edificio público que ofreza servizos culturais e sociais a todos os cidadáns. Disporá de equipamento interxeneracional e o obxectivo é que redunde en beneficio de persoas de todas as idades.