Ir o contido principal

O Ferrol álzase co trunfo no XVIII Encontro de Natación Concello de Arteixo

Máis de 180 nenos e nenas de 6 a 13 anos participaron neste evento adicado ó deporte de base, xa que a competición vai dirixida ás categorías Benxamín e Alevín.

O Club Natación Ferrol cun total de 432 puntos, proclamouse vencedeor mentres que o clube anfitrión, o Natación Sarval Arteixo, acadou o 3º posto por equipos na clasificación conxunta cun total de 16 medallas, 3 ouros, 3 pratas e 10 bronces.

Neste trofeo premiouse aos tres primeiros clasificados de cada proba, tanto individual como de remudas, que nesta ocasión foron de 4x25 Libre masculina e feminina para os Benxamíns e de 4x50 estilos masculina e feminina para os Alevíns, con medallas, e con un trofeo ó equipo clasificado en primeira posición, o Club Natación Ferrol. Tamén se repartiron agasallos a tódolos participantes.

Puri Zas, concelleira de Deportes do Concello de Arteixo; Carlos Amado, Director da Piscina Municipal; e Ignacio Folgueira, Presidente do Club Natación Arteixo foron os encargados de entregar os trofeos ós gañadores. Un deles foi a para á nadadora do Club Natación Arteixo Alba Gómez.