Ir o contido principal

O I Circuito de Travesías Enkipro achegará a divesidade funcional a toda a poboación

A axenda deportiva da fin de semana énchese de solidariedade coa celebración dunha das probas do I Circuito de Travesías Enkipro,  que organiza a Fundación Abrente. 

Trátase dunha xornada de ocio coa que se quere achegar á poboación a diversidade funcional. A iniciativa enmárcase nunha campaña coa que a Fundación Abrente pretende recaudar fondos para adestrar e profesionalizar a deportistas con diversidade funcional. 

Será en horario de 15.00h a 20.00h, na Praia de Sabón. Trátase dunha actividade non competitiva, inclusiva e aberta á participación de tódolos públicos.

Enkipro

 

A axenda deportiva da fin de semana complétase cunha nova edición da marcha BTT que organiza o clube Jarnachas. 

Serán 45 kilómetros e 1200 metros de desnivel. A IV edición da ruta BTT ,o próximo 10 de setembro, con saída e chegada no campo de futbol Ponte dos Brozos, na avenida de Arsenio Iglesias, ten un formato de proba ciclodeportiva de velocidade libre con control de tempos. A organización prevé a participación duns 300 deportistas. 

jarnachas