Ir o contido principal

O "III Encontro Arteixo Innovación- EducaTIC" quedou clausurado no acto do 11 maio

EducaTIC03001O pasado venres 11 de maio tivo lugar o acto de clausura do III Encontro de experiencias EducaTIC.

Contamos coa presenza de Cristina Castaño (actriz galega) que falou da súa vida desde o punto de vista da creatividade (temática central do III Encontro Arteixo Innovación - EducaTIC) a través dunha amena charla con Pablo Portabales, presentador do acto.

Houbo máis actividades para disfrute de todas as persoas que asistiron! A Escola Municipal de Música (EMMArteixo) da Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa estivo presente coa actuación da orquestra (no seu 1º ano de funcionamento) e do coro infantil.

Dentro do acto de clausura, tamén se tivo un recoñecemento para todos os centros participantes no Encontro coas exposicións das súa experiencias:

  • EEI Barrinovo
  • Unitarias Sur (EEI Larín, EEI Rorís, EEI Lagoa)
  • CEIP Ponte dos Brozos
  • CEIP Arteixo
  • CEIP Galán
  • CEIP San Xosé Obreiro
  • IES Manuel Murguía
  • IES Pastoriza
  • IES Sabón

As ANPAS que presentaron proxectos ao 3º concurso convocado específicamente para esas asociacións como parte fundamental da comunidade educativa, sendo os premios os seguintes:

  • 1º premio (dotado con 500 €): ANPA Ponte dos Brozos
  • 2º premio (dotado con 400 €): ANPA Século XXI do EIS Manuel Murguía
  • 3º premio (dotado con 300 €): ANPA O Loureiro da EI de Vilarrodís
  • ANPA Novo Arteixo pola súa participación no proxecto.

Tamén as persoas que colaboraron ou participaron nas distintas propostas convocadas dentro da programación do Encontro deste ano tiveron unha mención especial como recoñecemento:

  • Narciso Vázquez pola cesión de material e pola súa presenza continuada na exposición “Coleccionando historia” ao longo do III Encontro.
  • Floristería Hada Azul pola ambientación (totalmente gratuíta) no espazo do acto de clausura.
  • Alumnado e profesor da FP Básica de cociña e restauración do IES Sabón polo formidable traballo realizado na mostra gastronómica coa que nos deleitaron o pasado día 9 de maio como actividade específica dentro do Encontro.
  • Alumnado da orquestra e do coro infantil da Escola Municipal de Música de Arteixo.
  • Alumnado de distintos centros que colaboraron nas exposicións das experiencias dos seus centros ou que organizaron obradoiros para ensinar o que eles aprenderon:
    • Alumnado de CEIP Ponte dos Brozos co taller de “unha tarde de códigos” ensinaron cómo crear unha animación programada para pasar unha tarde nun mundo de realidade virtual.
    • Alumnado de 2º CM de Instalacións Electrotécnicas do IES Sabón que amosaron cómo se planea unha vivenda domótica en 3D.
    • Tamén do IES Sabón, unha representación do alumnado voluntario da Biblioteca contaron a súa experiencia.
    • Alumnado do IES Pastoriza que explicou como o turismo pode ser unha viaxe pedagóxica que facilita a aprendizaxe. Ou como o uso das TIC é unha ferramenta de inclusión e apoio ao alumnado con necesidades educativas especiais.

As seguintes  imaxes son unha mostra de como pasou a xornada:

 

EducaTIC02003

 

EducaTIC02004

 

EducaTIC03005

 

EducaTIC03006

 

EducaTIC03007

 

EducaTIC03008

 

EducaTIC03009

Podes ver os vídeos de todas as xornadas neste enlace