O mundial de Rusia atopa espazo nos campamentos de verán
O Mundial de Rusia é un dos temas que protagonizará unha das quedas dos campamentos de verán que organiza a Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral, así como facilitar unha alternativa de ocioeducativo para os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria.
A oferta, en seis quendas a partires do 22 de xuño, abarca ademáis da temática futbolera, outros ámbitos como o medio ambiente, a informática, a danza, o teatro ou a educación vial. Os prezos oscilan entre os 24 e os 48 euros.
Ademáis, como cada ano, tamén este verán se ofrece unha nova edición do Laboratorio Musical que, nesta ocasión, adícase á "música arteixá e africana". Nesta actividade, entre o 9 e o 20 de xullo, traballarase a aplicación das novas tecnoloxías na música, desenvolverase a expresión artística mediante a creación do atrezzo e caracterización así como a expresión corporal e musical.

Tamén se traballará como contido transversal, o coñecemento da música africana xirando os tres obradoiros en torno a esta e ao desenvolvemento dun círculo de percusión africana como mostra final.