Ir o contido principal

O outono trae de volta os Bailes de adultos

A Concellería de maiores retoma este mes de outubro as súas habituais sesións de baile para adultos que percorren cada mes os distintos centros sociais do concello. 

A actividade prolóngase ata o mes de abril e sempre no mesmo horario de cinco a oito da tarde. 

Será cada primeiro sábado de mes en Meicende; cada segundo sábado en Froxel e os terceiros sábados de mes en Pastoriza. O Centro da Baiuca terá o seu baile o último mércores de cada mes. 

A primeira cita é xa mañá sábado. En Meicende. Coa solista Ana Cristina. De 5 a 8