Ir o contido principal

O pleno de novembro abordará a rehabilitación de As Eiras en Meicende

O Concello elevará a pleno, o xoves próximo, o expediente de expropiación co que se pretende a demolición de varias casas ruinosas na zona de As Eiras en Meicende. 

O obxectivo é construir unha nova rúa e eliminar os puntos de venda de droga da zona. 

O concello xa mantivo nos últimos meses xuntanzas cos propietarios dos inmobles e amosaron a súa disposición para alcanzar un acordo. Si non fose así a administración iniciará un proceso de expropiación para permitir a construcción da nova rúa que terá un presuposto, según o proxecto xa redactado, de 146.000 euros.  

A intención do executivo que preside Carlos Calvelo é erradicar, baseándose no planeamento urbanístico da zona, un foco de problemas sociais debido ó trapicheo de drogas para o que se usan algunas vivendas. 

As Eiras