Ir o contido principal

O pleno de xaneiro debaterá un orzamento de preto de 45 millóns de euros

O presuposto municipal para o exercicio de 2020 elévase a 44'9 millóns de euros. O orzamento de 2019 ascendiu a 40'5 millóns de euros.

O capítulo de inversións, ao que adícanse 14'9 millóns, inclúe obras como a nova piscina de Meicende e Pastoriza, a urbanización da rúa dos Cabalos e rúa Río Tambre; o axardinamento da parcela situada detrás do centro de maiores e a escola infantil de Arteixo. Tamén hai partidas para a ampliación do cruce da travesía de Pastoriza e o  Paseo de Santuario  que ascenden a 595.000 euros e inclúe a expropiación dos terrenos necesarios; a mellora da accesibilidade da rúa adxacente ao instituto de Pastoriza (470.000); a urbanización das calles situadas entre a zona escolar de Pastoriza e a travesía de Pastoriza (209.000 euros), a renovación dos campos de fútbol de Pastoriza (622.000 euros), a construcción dun muro de contención na rúa de Maizales (330.000 euros), ou a obra de saneamento e abastecemento do Monte Aciveiro (641.000 euros).

Tamén recolle este capítulo unha parttida de 300.000 euros, 100.000 máis que no exercicio anterior,  adicada  ás subvencións para instalar ascensores.

As inversións recollen ademáis proxectos asociados a fondos Feder da UE nos que o organismo europeo aporta o 80%. Destaca a com,pra de autobuses para o transporte municipal; a construcción do edificio Arteixo Concilia ao que adicarán 775.000 euros e unha partida de 350.000 euros para a recuperación dos castros do municipio. Tamén hai dúas liñas para proxectos TIC, de 550.000 e 387.000 euros para mobilidade e accesibilidade respectivamente. 

O documento contempla ademáis unha liña de crédito, que se financiará co remanente de 3.076.000 euros, co que se continuarán obras iniciadas como o novo campo de Pastoriza ao que xa se adican 2.034.000 euros. 

O presuposto tamén recolle 387.000 euros para becas comedor, material escolar e transporte na concellería de educación.