Ir o contido principal

O Porto Exterior como motor do crecemento industrial

Carlos Calvelo reúnese, xuntos cos alcaldes de Laracha e Carballo, co presidente da Autoridade Portuaria Enrique Losada para analizar, de forma conxunta, as fórmulas que no futuro permitirán potenciar o eixe industrial destes municipios e os seus parques empresariais. 

O rexedor de Arteixo fixa ó Porto Exterior como vertebrador dunha área empresarial que se extende dende o noso concello cara a Bergantiños. 

Os alcaldes interesáronse polas ventaxas que ofrecerá a dársena de Langosteira para contribuir ó crecemento dos tres municipios e, ligada á súa actividade industrial e empresarial, a xeneración de emprego e riqueza para a zona. A xuntanza analizou, por exemplo, as posibilidades e facilidades que se poderían aportar ás empresas do "hinterland" , tanto as que traballan actualmente nos sectores con actividade en Langosteira, fundamentalmente graneis enerxéticos e agroalimentarios, como nos que se implanten no futuro.