Ir o contido principal

O programa "Deseñando o teu futuro" chega a vintecatro estudiantes

A concellaria de Servizos Sociais, que dirixe Inés Ramos, promoveu nas útlimas semanas o proxecto "Deseñando o teu futuro".

Tratábase de facilitar que os alumnos de distintos centros escolares realicen estadías en empresas e que así poidan tomar decisións sobre os estudios a seguir para conseguir unha determinada capacitación profesional.

Os alumnos dos ES Manuel Murguía, IES Pastoriza e co CPR Agarimo son os que amosaron o seu interés por fomar parte de esta iniciativa. Dende cada un destes centros realizaron unha proposta de alumnos, 63 en total,  que encaixarían no proxecto. Deron prioridade a aqueles que precisan un achegamento ó mundo laboral ou a aqueles que precisan dunha motivación para continuar os seus estudos.  

Os mozos participantes realizaron visitas e estadías en entidades e empresas co obxectivo de que os participantes coñezan de primeira man a actividae empresarial en diversos sectores. O ano pasado xa participaran a Escola Infantil Vagalume, Oca Market Céltica, Escota Infantil Municipal de Arteixo-SERMASA, Construcciones Cancela, Restaurante Seve, cervexaría Pepucho, restaurante La Florida, perruquería 2.0, Aquafit Gestion (Piscina Municipal de Arteixo), ALUMAN e Protección Civil de Arteixo.

Apoiar a formación da mocidade de Arteixo para que adquira coñecementos e habilidades que axuden a completar o seu desenvolvemento persoal e a súa futura formación; e facilitar a aproximación de mozos e mozas de 14 a 18 anos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías e visitas en distintos sectores das empresas e entidades públicas ou privadas son algúns dos obxectivos deste programa que permite adquirir  unha experiencia que axude decidir a traxectoria formativa profesional.

O Centro Arteixo Innovación acolle o próximo 7 de novembro o acto de entrega de diplomas ós 24 participantes. Será a partir das 20.00 h e tamén se proxectará un vídeo no que participaron os estudiantes.