Ir o contido principal

O Servizo de axuda a domicilio medra en máis dun 40% de inversión

O Servizo de Axuda a domicilio do concello pasará de 1'2 a 1'7 millóns de euros o que supón un incremento superior ao 40%. Serán 94.000 horas anunais de servizo e convértese así no contrato máis alto do Concello. 

Dende 2017 a inversión medrou sen parar dende os 800.000 € daquela ata os preto de 2 millóns actuais o que derivou en que máis de 300 personas con distintos graos de dependencia se beneficien deste servizo. 

O servizo de axuda a domicilio ocúpase da atención de carácter personal na realización de actividades cotiás; apoio no coidade e hixiene persoal; control alimentario ou axuda para comer; supervisión na toma de medicación; mobilidade dentro do fogar; acompañamento médico ou administrativo; limpeza básica da vivenda; compra de alimentos; e outros. 

Inés Ramos, concelleira de Servizos Sociais, resalta que a nova licitación supón un gran esforzo para adaptarse ao incremento das necesidades do crecento número de dependentes. “Para este goberno municipal é prioritaria a atención a todas aquelas persoas que necesitan axuda para desenvolverse na súa vida diaria,e unha proba é o aumento económico que supón este servizo de axuda a domicilio, que convertiuse en fundamental dentro da área de servizos sociais”.