O Servizo Municipal de Xuventude organiza un Obradoiro Online de You Tuber e Videomarketing de 15 horas de duración.
- Organiza: Departamento de Xuventude
- Datas de celebración: 17, 24 de abril e 8,15 e 22 de maio
- Horario: de 10.00h a 13.00 h
- Idades: de 12 a 30 anos
- Número prazas ofertadas: 20
- Prezo: 10 €
- Inscrición e información:
- De xeito presencial no Departamento de Xuventude con cita previa. 981659180
- A través do correo electrónico xuventude@arteixo.org
Procedemento de inscrición: inscrición directa desde o 5 ata o 9 de abril . O impreso de inscrición poderase recoller nas oficinas do Departamento de Xuventude ( Oficinas de Deportes ) con cita previa ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ( Departameto de Xuventude ) con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección xuventude@arteixo.org. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).
NORMAS DE FUNCIONAMENTO
- Teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
- No caso de que o Departamento de Xuventude detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
- De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Arteixo, para a xestión de servizos. En calquera momento poderá exercitar, en relación cos seus datos persoais, os dereitos de acceso, cancelación e rectificación e oposición comunicándoo por escrito no Rexistro Xeral do Concello.
