Ir o contido principal

O teatro de Melandrainas e o cine de Pixar animan a fin de semana cultural

O auditorio de Arteixo acolle mañá a proxección da última obra mestra dos estudios do flexo mentres que Meicende será escenario da últimap proposta do colectivo ES3HA2. 

Riley ten once anos e un montó de contradiccións e sentimentos na súa cabeza. Pixar mete unha cámara no corazón e no pensamento dunha preadolescente para dar unha nova lección de cine e vida. "Del revés" é unha das grandes películas de principios do século 21. Para nenos e adultos.

Melandrainas estará en Meicende co colectivo ES3HA2 que presentará "O soño dunha xoaniña", unha adaptación do conto de Rebeca Dautremer "La tortuga gigante de Galápagos", protagonizada por nove xoves actores e artistas e dirixida por Antía del Río e Marga Fernández.