Ir o contido principal

O transporte interparroquial arranca o 2 de maio

A Conselleira de Infraestructuras e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde, Carlos Calvelo asinan o convenio que permitirá a posta en marcha, o próximo 2 de maio, dun novo servizo de transporte público que comunicará as parroquias co núcleo urbano de Arteixo. 

O servizo disporá seis novas liñas rurais no mes de maio e unha liña cara as praias nos meses de verán. 

As novas seis liñas rurais percorrerán as parroquias con 75 paradas nos núcleos mentres que a liña de praias terá once paradas. 

O acordo tamén contempla aumentar en tres expedicións máis a frecuencia actual da liña circula que percorre diariamente Arteixo, Meicende, Pastoriza, Oseiro, A Maceira  e Vilarrodís. Esta liña que paraba ás seis da tarde, chegará agora ás nove da noite.