Ir o contido principal

O Verán máis deportivo

Son dezaoito propostas entre campamentos, cursos ou campus. O servizo municipal de deportes non quere a ningúen parado durante os meses de verán e ofrece, dende o mes de xuño, un amplísimo cartel de actividades para todos os públicos, para todos os petos e para todos os gustos.

Máis de mil personas participarán nas actividades que se ofertan si temos en conta as cifras das pasadas edicións de este programa estival. Trátase de renovar o compromiso da concellería que dirixe Purificación Zas de achegar a práctica deportiva aos cidadáns e de promover uns hábitos de vida saudables na ocupación do lecer en períodos vacacionais escolares.

Os obxectivos tamén perseguen fomentar o asociacionismo e apoiar ó tecido asociativo local coas distintas actividades nas que colabora. No programa participan, dun ou outro xeito, a meirande parte dos clubes e asociacións deportivas do concello.

Podes consultar aquí todo o programa, prezos e datas de inscrición.