Ir o contido principal

O xulgado ampara ao concello no seu litixio sobre As Eiras en Meicende

O xulgado do contencioso administrativo número 1 ven de fallar a favor do concello de Arteixo sobre a declaración de nulidade do procedemento de expropiación urbanística polo sistema de tasación conxunta para a execución de obras ordinarias de urbanización dun tramo da Rúa Ecuador e parte da Travesía de Meirás. 

Esta sentencia da a razón ao concello nunha obra na que se demoleron varias casas, a meirande parte en ruinas, co obxectivo de construir unha nova rúa e eliminar os puntos de venda de droga na zona. O proxecto constructivo tivo un cosgte de 146.000 euros.

O Concello realizara previamente á obra os traballos de levantamento topográfico e replanteo previos á execución dun proxecto nesa zona baseado no planeamento urbanístico previsto na zona. As Eiras, que se convertera nun foco de problemas sociais debido ao suposto trapicheo  de drogas para o que se utilizan algunhas das vivendas.

A intención do concello ao realizar esa obra foi traballar na eliminación dese punto conflictivo. En palabras do alcalde, Carlos Calvelo, "Máis aló das accións das forzas de seguridade, o que queremos é conseguir nas Eiras é pelexar pola eliminación dos problemas de convivencia que se producen. Queremos unha solución de cara a converter a zona nun espazo público de calidade. É complicado pero non desistiremos no noso empeño"

 

Documentos: