Ir o contido principal

Os Bolechas fan un alto en Arteixo no seu camiño a Santiago

Os seis irmáns Bolechas e o seu can Chispa non podían faltar á súa cita co FalaRedes.

Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pensión de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas.

Este sábado 28 de outubro estarán ás 12.30 no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. As entradas, de balde, pódense recoller durante toda a semana na Conserxaría do Centro Cívico Cultural.

O programa FalaRedes da Xunta de Galicia percorre este outono 21 entidades da Rede de Dinamización Lingüística con esta actividade familiar e participativa protagonizada pola coñecida familia Bolechas.