Ir o contido principal

Os campamentos de verán volven a estar cheos de actividades e música para os máis pequenos

Ciencia, aventuras no mar, medio ambiente ou solidariedade son só algúns dos pilares nos que se sosteñen as actividades programadas pola Concellaría de Educación para o seu campamento de verán dirixido, como cada ano, á rapazada de infantil e primaria do concello. 

O programa contempla, ademáis, dúas quendas de inmersión lingüística nas que, boa parte das actividades desenvolveranse en inglés. Os prezos oscilan entre os 20 e os 44 euros e se oferta tamén a posibilidade de dispoñer de servizos como "madrugadores", xanatr ou ludoteca. 

O prazo para se inscribir é do 3 ao 14 de xuño. Si hai máis solicitudes que prazas, haberá un sorteo o 17 de xuño. 

As iniciativas para o verán contan un ano máis co Laboratorio Musical que, nesta ocasión, céntrase nos sons da natureza. O obxectivo, do 8 ao 19 de xullo, será coñecer sons que se atopan na natureza: animais, fenómenos meteorolóxicos, as persoas en contacto con ela, o mar, a terra, ou o aire.