Ir o contido principal

Os hostaleiros tampouco pagarán as terrazas en 2021 nin o recibo do lixo no primeiro semestre do ano

Arteixo non cobrará nada en 2021 a hostaleiros e hoteleiros pola taxa de terrazas. A medida, que xa implantou o Concello no ano 2020, afecta tamén ao recibo do lixo do primeiro semestre deste ano. 

A iniciativa benficiará, de forma directa, a 140 hoteleiros e hostaleiros do municipio. 

Estas medidas súmanse así a outras xa postas en marcha polo executivo para paliar os efectos da pandemia na economía local. 

O Concello xa modificara en 2020 a ordenanza número 21, centrada na regulación da ocupación de terreos de uso público con postos, mesas e cadeiras con finalidade de lucro. Tamén a número 28 que regula a utilización provativa ou o aproveitamento especial de dominio público con motivo da venda ambulante na feira semanal. 

Os dous recibos do primeiro semestre deste ano, como xa se fixera cos dous de 2020, emitiránse por un valor de cero euros. Esta bonificación supón, por exemplo, que unha cafetería deixará de pagar entre 262 euros e 410 euros dos que abona cada ano, según los metros que tenga; un restaurante paga un mínimo de 513 euros ata un máximo de 1283 euros en dous recibos que se emiten durante o período de 12 meses. 

“Creo que é o momento de poñer os nosos recursos a disposición de todos aqueles que está sufrindo as consecuencias económicas do peche nos seus negocios" sinala o alcalde Carlos Calvelo sobre esta medida.

A esta exención de tasas súmase a xa aprobada sobre a ocupación dos terreos de uso público con postas, mesas e sillas con finalidade lucrativa; así como aquela que regula a utilización provativa ou aproveitamento especial do dominio público con motivo da venda ambulante na feira semanal.