Ir o contido principal

Os maiores aprenden a usar un teléfono intelixente en pouco máis de oito horas

Un whatsapp, un tuit ou unha alarma no calendario. O uso dos teléfonos intelixentes permite o desenvolvemento de aplicacións de todo tipo. Para casi todo tipo de ocio, organización, socialización ou arte. A concellería de xuventude e participación cidadá quere que todas esas alternativas encerradas nos nosos terminais chegue ós maiores do municipio e organiza, para iso, un curso que en pouco máis de oito horas, permite o uso das funcións básicas, e non tan básicas, dos modernos móviles. 

É un curso para maiores de 55 anos e empadroados en Arteixo e ten un custe de seis euros. Comeza o 21 de setembro.

As clases, cunha duración total de oito horas e media, se desenvolverán no centro social de A Lagoa, os xoves entre as 17'30 e as 19'00 h; na Baiuca os xoves de 19'30 a 21 h e de 9 a 10'30; en Meicende os martes de 09,30h a 11 h ; e por último os martes no centro social de Rañobre entre as 17'30 e as 19'00 h. 

O prazo para se inscribir é do 11 ao 13 de setembro no Departamento de Participación Cidadá e no caso de superárense o número de inscricións realizarase un sorteo
público o día 14 de setembro ás 9:00h. no Salón de Plenos da Casa do Concello

Para pagar haberá de prazo os días 15, 16 e 18 de setembro.

 

Documentos: