Ir o contido principal

Os novos artistas locais amosan o seu traballo no centro cívico

A sala de mostras do Centro Cívico de Arteixo acolle dende hoxe, venres 19 de xaneiro, a exposición de ilustración e pintura do grupo XIPA,  "Xóvenes Ilustradores e Pintores de Arteixo". A inauguración será ás 19.30 h. 

A XIPA nace coa necesidade de difundir os traballos de carácter artístico da xuventude do Concello de Arteixo, así como co propósito e desexo de continuar con este tipo de eventos coa fin de atopar novos talentos e promover unha maior participación de cara ao futuro.

A mostra, que permanecerá aberta ata o 16 de febreiro, preséntanos varios traballos artísticos realizados polos membros do grupo, quen procuran a reacción do público ante as súas obras.

A exposición poderá visitarse de luns a venres, polas mañás de 10:30 h a 14:00 h; e polas tardes de 16:30 h a 20:00 h. 

Tamén estará aberta os sábados pola mañá en horario de 10:30 h a 14:00 h.