Ir o contido principal

Os novos socios da piscina municipal terán a matrícula gratis

O Complexo Deportivo Municipal de Arteixo comeza a nova tempada cunha campaña de captación de socios. 

O obxectivo, baixo o lema "Vivir".  é atraer novos usuarios  facilitar as novas incricións ofrecendo unha proba gratuíta e, se se inscriben, a matrícula sen custo no abono “socio”.

Tamén se propoñen descontos enservizos complementarios e vantaxes para familias baixo a garantía de devolución do primeiro mes se non se está satisfeito co servizo.

A piscina continúa ademáis aumentando a súa oferta e para iso comzaron xa novas obras na zona de pádel que se sumarán á súa sala fitness, ás catro salas de actividades dirixidas, ás súas 3 piscinas climatizadas, á área infantil de xogos e ao spa.