Ir o contido principal

Os Reis Magos buscan colaboradores

O Concello precisa figurantes voluntarios para colaborar na cabalgata de Arteixo o día 5 de xaneiro de 2018 de 16:00 h a 21:00 h.

É preferible que sexan maiores de idade. Os menores deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

As probas de vestiario serán o xoves 28 de decembro de 11:00 h a 15:00 h; e o venres 29 de decembro de 17:00 h a 21:00 h

As inscricións terán data límite ata o 22 de decembro en horario de 09:00 h a 14:00 h no Centro Cívico Cultural de Arteixo.

Para máis información: 981 641 803 / cultura@arteixo.org

Reis Magos