Ir o contido principal

Os Reis Magos chegarán a Arteixo en carroza o próximo 5 de xaneiro

Os Reis Magos percorrerán un ano máis todas as parroquias de Arteixo. Comezarán o día 2 en Barrañán e rematarán en Arteixo o día 5 coa gran cabalagata á que as súas maxestades acodirán en carroza. 

Diante da afluencia de público o concello aconsella ás nenas e nenos respectar as filas e non recoller caramelos próximos ás carrozas e obedecer as indicacións dos organizadores.

Ás persoas maiores que en ningún momento perdan á rapazada de vista, nin permitan que se acerquen demasiado ao paso  das carrozas;non usar paraugas para recoller caramelos.

A Cabalgata de Reis está dedicada ás nenas e nenos, polo que as persoas maiores deben facilitar a súa visión deixándolles ocupar as primeiras filas.

Aconsellan ademáis moita precaución coas sillas dos bebés, que non sobresaian da línea do público.

Cabalgata de reis