Ir o contido principal

Os talleres de gancho anticipan a Festa das Flores

A iniciativa, dirixida polo colectivo Cousiñas feitas a man de Arteixo, se desenvolverá de forma gratuita na sala de espellos do centro cívico todos os luns e mércores de 16:30 a 18:30 h, entre o 3 de abril e o 24 de maio.

A Concellería de Cultura busca, deste xeito, que ás tradicionais alfombras florais realizadas pola Asociación Mariana e aos “maios” participantes no concurso municipal se sumen novos arranxos florais que outorguen maior variedade ós festexos.

Os interesados só precisan saber facer labores de gancho e poderán anotarse no propio lugar de realización ou no SM de Cultura e Festas de Arteixo de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h.

A Concellaría de Cultura e Festas anima tamén a todos os comerciantes e hostaleiros a decorar os seus locais e escaparates con adornos florais, así como ás florerías da localidade a sacar á rúa os seus produtos.