Ir o contido principal

Os veciños xa poden disfrutar nunha nova zona verde no Muiño Vello

O Concello habilita unha nova área de esperexemento nas marxes do rego da Bidueira. Trátase dunha zona verde na que se dispuxeron, a través do Obradoiro de Emprego,  varias pasarelas de madeira, bancos e mobiliario urbano.

A iniciativa deu traballo a dez personas que estaban en paro e que tiñan como obxectivo aprender os oficios de carpinteiría e pintura para se integrar no mercado laboral. Trátase dun dos cometidos da concellería de Promoción Económica que dirixe Patricia Amado e que enmárcase no obradoiro conxunto co concello de A Laracha e que promove a Xunta de Galicia. É a administración autonómica a que financiou aos dez traballadores mentres que o concello investiu nestes traballos 100.000 euros. 

rego