Ir o contido principal

Os voceiros municipais comezan a traballar na nova ordenanza de recollida de residuos

A Xunta de voceiros dos distintos partidos con representación en Arteixo comeza a perfilar a que será nova ordenanza para a recollida do lixo. O executivo local insta ós grupos a facer as súas aportacións a un regulamento que ten que se aprobar antes de que acabe este ano e que entrará en vigor en xaneiro de 2018, data prevista para a municipalización do servizo que pasará a ser público despois da xestión privada que arestora ostenta a empresa Ferrovial contratada polo Consorcio das Mariñas.

O goberno local, pola súa banda, anuncia a licitación, por un total de 221.000 euros, da contratación dunha flota de vehículos auxiliares para a recollida  e transporte de diversos tipos de residuos, materiais e personal que se enmarcan no xa aprobado Plan de Residuos Municipal.

Serán un total de seis vehículos de diferente tamaño que se reparten en varios lotes dentro do pliego do contrato, que tamén inclúe unha partida de 82.000 euros destinada á compra de recipientes e pequenos contedores que se destinarán á recollida "porta a porta" en locales comerciais e de hostaleiría e para se utilizar como "composteros" a partires da utilización de biorresiduos.

A previsión é para tres vehículos que deberán permitir tanto carga manual como a de pequenos contedores de carga traseira. Tamén haberá vehículos para a recollida de residuos voluminosos; un vehículo plataforma de caixa abierta, e tres furgonetas que se utilizarán para o desplazamento do personal adscrito ó servizo de recollida de residuos e, en xeral, do personal que o necesite para diversas labores.

O plan de residuos municipal, ten como obxectivo principal aumentar a cantidade de residuos que se reciclan e o abaratamento do custe que asume cada veciño. Trátase de pasar dos 126 euros anuais que paga actualmente cada arteixán, ós 100 euros. 

As valoracións económicas deste plan auguran ó concello uns ingresos superiores ó medio millón de euros en concepto de aportacións de organizacións como "Ecoembalajes" ou "Ecovidrio" en concepto de gasto de contedores así como os ingresos procedentes da venda de materiais como o papel-cartón, o vidro ou os envases lixeiros.