Ir o contido principal

Pagamento único por fillos menores de tres anos e tarxeta de benvida

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, publica as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos para o ano 2020. (Orde do 18 de decembro de 2019).

PERSOAS BENEFICIARIAS

Persoas que teñan fillas ou fillos menores de 3 anos nacidos dende o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017 ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das per­soas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

TIPO DE AXUDA

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de 3 anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

  1. cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  2. cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  3. cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación das solicitudes será de trinta e cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

                                                                                                                                           

 

TARXETA DE BENVIDA 2020

A Consellería tamén publicou as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas en situación de garda con fins adoptivos no ano 2020. (Orde do 30 de decembro de 2019).

PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:

a) Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.

b) Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adopti­vos dun ou máis nenos/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.

2. Así mesmo, poderán beneficiarse da axuda as galegas e galegos e os seus descen­dentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2020.

CONTÍA DA AXUDA

Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a razón de 100 €/mes. No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400 € a razón de 200 €/mes.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento ou do día en que se ditou a resolución de adopción ou de garda con fins adoptivos.