Ir o contido principal

A policía local investiga a venda de pulseiras falsas do Centro de Información á Muller

O Concello advirte da presencia no municipio dun grupo de persoas que poderían estar cometendo un fraude en nome do Centro de Información á Muller. 

Segundo a policía local, trátase da venda de pulseiras que se comercializan co suposto obxectivo de que os seus beneficios se utilicen para levar a cabo accións de prevención da violencia de xénero. Os supostos vendedores xa terían ofrecido este producto en diferentes comercios de Arteixo. 

O Concello aclara que descoñece calquera iniciativa deste tipo e anuncia que tomará as medidas legais pertinentes no caso de que se confirmen os datos actuais de venda de pulseiras nesas condicións. A policía local xa traballa na identificación dos autores do presunto delito para esclarecer os feitos.