Ir o contido principal

As praias convértense en escenario de varias probas deportivas esta fin de semana

TRAVESÍA A NADO NO PORTO DE SUEVOS

Un ano máis estamos cerca dunha nova edición da xa tradicional Travesía de Suevos, Memorial Marina Álvarez. Será a decimoterceira edición, e un ano máis formará parte do Circuíto Galego de Augas Abertas co percorrido de 2500 metros, mantendo tamén os percorridos máis populares de 800 e 200 metros.

Dita Travesía será organizada polo Club Natación SARVAL Arteixo e coa colaboración do Excmo. Concello de Arteixo.

Celébrase o sábado 27 de xullo ás 12:00 da mañá no Porto de Suevos. O evento contará con tres percorridos, de 2500, 800 e 200 metros, este último dirixido só ós máis pequenos/as.

As inscricións poderán realizarse até o xoves día 25 de xullo, na páxina web de Champion Chip Norte (https://championchipnorte.com)

O CNA ten a disposición dos asistentes a posibilidade de comer ó rematar a proba, farán unha gran paella, por encargo, con un custo de 5 euros con pan e bebida incluidos. Para facer encargos pódese chamar ó teléfono do club (652542548), ou facelo por correo electrónico (info@natacionarteixo.com).

 

IX TRIATLON CONCELLO DE ARTEIXO

 O domingo 28 de xullo, o Club Triatlón Arteixo e a Federación Galega de Triatlón, organizan o IX Triatlon Concello de Arteixo, proba que forma parte do Circuito Galego de Triatlón. Haberá diferentes probas en función da categoría dos participantes, incluindose unha proba con distancias de promoción aberta a licencias de un día ( non federados)

 O emplazamento do evento será a praia de Sabón, onde se nadará, discorrendo o sector de bicicleta polo polígono hasta o Porto exterior, e o de carreira polo paseo marítimo.

Os horarios son os seguintes:

10.45h Nada e corre

11.00 Proba Popular

12.00h Proba masculina sen corte

13.20 Proba masculina con corte

13.30 proba feminina

 

COPA GALICIA JUNIOR DE SURF

  A Federación Galega de Surf en colaboración con La Duna Surf School, organiza os días 27 e 28 de xullo a Proba do Circuito Galego Open e Junior de Surf, Longboard, Paddlesurf e Bodyboard, que terá lugar na praia de Barrañán en horario de tarde. Para este evento estímase a participación de máis de 100 surfistas.