Ir o contido principal

Premio nacional de educación para o proxecto Arteixo Innovación

O proxecto “Realidad virtual e storytelling”, que implica a máis de douscentos almnos do CEIP Ponte dos Brozos,  gañou o terceiro premio do Premio Nacional Fundación GSD de Innovación Educativa. Os alumnos supervisados pola profesora Begoña Codesal traballaron na realización de contidos, coa aplicación Cospaces, dirixidos á creación de mundos virtuales en tres dimensións. A partir de esta premisa, os alumnos podían crear todo tipo de contidos, xa sexan historias animadas, contos, libros, ou videoxogos.

Na creación destes contidos, os alumnos utilizan de forma multidisciplinar materias como matemáticas, lingua, ou outrras asignaturas. A profesora Begoña Codesal, a directora do Ponte dos Brozos Patricia Galán, e o coordinador do programa Arteixo Innovación, Fernando Moreno, reuníronse co alcalde Carlos Calvelo e a concelleira de Educación Celina Varela para tratar diversos asuntos relacionados co programa Arteixo Innovación.

O proxecto “Realidad Virtual e storytelling” implica a máis de douscentos alumnos do colexio Ponte dos Brozos. 

Os centros educativos implicados no programa Arteixo Innovación poden acceder ós cartos dispostos polo concello para este programa e os utilizar para desenrolar diferentes proxectos relacionados coas tecnoloxías da información durante o curso escolar.

A finais de curso o departamento de Educación do concello organiza o denominado Encontro de Experiencias sobre Tecnoloxías da Información e a Comunicación que se desenvolve  no centro tecnolóxico municipal. Os profesores dos distintos centros de Arteixo son os encargados de transmitir as súas experiencias coas TIC como ferramenta para a educación e como medio para facer chegar os seus coñecementos ós seus alumnos.

O departamento de Educación que dirixe Celina Varela aposta firmemente pola tecnoloxía como medio para o progreso e para o ensino e se convirte en apoio para que os centros escolares dispoñan dos elementos necesarios para a aplicar.