Ir o contido principal

Preto de 300 estudiantes comezan o próximo luns un novo curso na Escola de Música

O luns 5 de outubro a Concelleira de Igualdade, Servizos socias, Sanidade e Educación inicia o curso da EMMArteixo adaptado á realidade COVID.

Unha das medidas de maior calado para a aplicación das medidas derivadas da nova normalidade é a ampliación de espazos para impartir a formación. Deste xeito evítase a confluencia de grupos numerosos para diminuir a circulación de persoas en horarios coincidentes. E tamén permite aplicar as medidas de hixienización e ventilación dos espazos.

Estamos falando de máis de 280 alumnas e alumnos que utilizan este recurso. Distintas edades, distintos niveis, distintas disciplinas. Un encaixe de opcións coa finalidade de que se cumpran as normas dictadas polas autoridades sanitarias:

  • Adaptación dos espazos á ratio que permiten
  • Distancia nos grupos
  • Distancia nas disciplinas individuais
  • Uso de mascarillas nas idades obrigatorias e de recomendación de uso nas idades non obrigatorias.
  • Hixienización das persoas, dos espazos e dos materiais
  • Tempos de tránsito entre grupos e persoas para ventilación

Todo esto implica a diversificación de material didáctico que debe utilizar profesorado e alumnado en calquera nivel. Supón maior dotación para que a utilización de máis espazos conte con instrumentos nas mesmas condicións de sempre.

Por todo esto, a EMMArteixo utilizará os seguintes espazos:

  • Aulas e outras dependencias do Centro Cívico Cultural
  • As dúas zonas da Aula da Natureza
  • Auditorio do Centro Social de Meicende
  • Espazo habilitado no local social de Meicende

Aínda debendo consultar os horarios os espazos e horarios específicos, a modo orientativo xeral cabe destacar o seguinte:

Sede de Arteixo:

  • Música e Movemento: as mais pequechas e os mais pequechos terán espazo propio de uso exclusivo de luns a xoves. As características da actividade que se imparte con eles debe primarse e por eso recibirán a formación musical de iniciación e básica na primeira planta da Aula da Natureza. Dispoñen de acceso que só utilizará este alumnado.
  • Clarinete: os venres dispoñen da zona superior da Aula da Natureza.
  • Guitarra: unha disciplina con formación continuada ao longo de todos os días da semana que se impartirá na planta baixa da Aula da Natureza con acceso directo desde o exterior.
  • O resto de disciplinas impartiranse no Centro Cívico cunha reorganización de zonas para que as medidas se apliquen exhaustivamente.

Sede Meicende:

  • O Centro Social será a sede principal donde se imparta a formación. O auditorio dará cabida a todos os niveis e disciplinas. Pero a aula do local social sigue estando a disposición da EMMArteixo para que se poidan planificar actividades formativas complementarias si se considera necesario por aplicación da normativa sanitaria.

IMPORTANTE: as actividades ordinarias da EMMArteixo poderán modificarse para a adaptarse á normativa que diten as administracións con competencias en materia COVID.

O protocolo será remitido ás familias para xeral coñecemento das normas a cumprir en beneficio de todo o alumnado, profesorado e familias.

+ Info:

Correo electrónico:

emmaarteixo@gmail.com

educacion@arteixo.org

               Teléfonos de contacto:

Escola de Música: 671582787

Departamento de Educación: 981647294