Ir o contido principal

Preto de duascentas persoas se beneficiarán do servizo de axuda a domicilio en 2018

Arteixo eleva o seu presuposto para o servizo de axuda a domicilio de 800.000 euros no ano 2017 a 1.290.000 euros para o próximo exercicio de 2018. Trátase dun incremento superior ó 60% que se traducirá en 78.000 horas anuales de servicio. 

O novo contrato, o máis alto de todos os municipais, chegará a pleno o próximo 3 de xaneiro para o seu debate e aprobación. 

O novo servizo ofrecerá atención de carácter persoal na realización de actividades rutinarias como asistencia para se erguer da cama e acostarse; apoio no coidado da hixiene personal; control alimentario e, se fose necesario, axuda para comer; toma de medicación; ou mobilidade. 

Tamén se ofrece acompañamento para consultas ou tratamentos médicos, gestións administrativas, limpea básica da vivenda, compra e preparación de alimentos e coidados básicos da vivenda.

A Concelleira de Servizos Sociais, destaca que esta licitación supón un gran esforzo para o concello e indica que "para este goberno municipal é prioritaria a atención a todas aquelas personas que necesitan axuda para desenvolverse na súa vida diaria, e unha proba é o aumento económico que supón este servizo de axuda a domicilio, que para nos converteuse en fundamental dentro da área de servizos sociais”.