Ir o contido principal

Preto de mil alumnos participan na clausura das actividades extraescolares educativas

A Concellería de relacións coa comunidade educativa pon o punto e final ás actividades extraescolares que durante o curso desenvolviu nos diferentes centros educativos do municipio. 

Preto de mil nenos participarán en dúas xornadas festivas nas que amosarán o aprendido durante os pasados meses en actividades como baile moderno, teatro, baile galego, pandereita, guitarra ou música. 

As actuacións realizaranse no Auditorio do Centro Cívico de Arteixo  en orde segundo o cadro adxunto. 

horarios

De 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas levaranse a cabo distintos obradoiros de mostra e stands expositivos nos que se amosará o traballo realizado durante o curso nas actividades de Idioma estranxeiro, Artesanía e Manualidades, Cociña divertida, Xadrez, Xogando, Técnicas de estudo, Investigamos e Informática.

A entrada só se permite con invitación.