Ir o contido principal

Primavera chea de cultura

Teatro, danza, música, audiovisual ou exposicións. A primavera chega cargada de cultura. O centro cívico de Arteixo, o de Meicende e as salas de exposicións do concello anuncian a súa programación para os meses de  abril, maio e xuño. 

"Teatr-ART" é  a parte deste progra,a adicada ó teatro. Serán cinco representacións entre o 6 e o cinco de abril, todas elas pertencentes á  XIX Mostra de Teatro Afeccionado de Arteixo, e na que estarán representados compañías como Ditirambo, Faíscas ou os alumnos da Aula Municipal de Teatro de Meicende que representarán  a obra "Érase unha vez".

O apartado teatral tamén inclúe á monologuista Erica González, que porá o bronche de ouro con "A sala do Catapumchinpum",  que pertence ao Festival de Narración Oral Falando a Boca Chea.

O teatro profesional terá o seu expazo no mes de maio con representacións de compañías recoñecidas comoIbuprofeno Teatro ou Malasombra. 

Danz-ART con protagonismo para a danza, chega á programación o 27 de abril, coa posta en escena de Gaia, a cargo da compañía galega Entremáns. Danz-ART.

A música para a primavera e que  forma parte do programa Music-ART, corre a cargo de Hércules Brass;  Entremares; e Silvia Penide e Carla López, que actuarán como parte dos “Proxectos Culturais pola igualdade Luísa Villalta” da Deputación da Coruña

A programación complétase coa proxección dodocumental “Galicia enteira e distintas exposicións de pintura, fotografía e artesanía. 

 

Documentos: