Ir o contido principal

Procedemento inscrición Escolas Deportivas Municipais 2019/20

dxtes001

 

 

RENOVACIÓN DE PRAZA:

Aquelas persoas que xa estiveron inscritas no Programa de Escolas Deportivas Municipais no curso 2018/2019 e non superen o 30 % de faltas de asistencia, poderán renovar a praza no mesmo grupo.

  • Prazo: Do 1 ao 14 de xuño, entregando o xustificante de pago antes das 14.00 h do 14 de xuño de 2019
  • Lugar:
    • Nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas)
    • Solicitándoo a través do correo electrónico deportes@arteixo.org, indicando nome, apelidos, dni e grupo no que se atopa inscrito e solicita a renovación.
dxtes

 NOVAS INSCRICIÓNS: 

  • Prazo de preinscrición: do 1 ao 15 de agosto
    • O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
    • No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
  • Exposición de persoas preinscritas: A partir do 19 de agosto na páxina web municipal.
  • Sorteo público: 23 de agosto ás 11:00 h no Salón de Plenos do Concello
  • Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 26 de agosto na páxina web municipal e nos taboleiros de anuncios
  • Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (2 ao 13 de setembro) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
  • Deberán achegarse a folla de inscrición e recibo de pagamento.
  • De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do un de outubro.
  • Lembramos que o calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.
  • Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

 

NOVO PROCEDEMENTO DE ESCOLAS DEPORTIVAS DE CLUBS SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO.

Para os seguintes grupos de escolas deportivas, a partir deste curso o procedemento será o seguinte:

dxts

RENOVACIÓN DE PRAZA: Aquelas persoas que xa estiveron inscritas no Programa de Escolas Deportivas Municipais no curso 2018/2019 poderán renovar a praza no mesmo grupo.

  • Prazo: Do 2 ao 13 de setembro
  • Lugar:
    • Presencialmente na sede do club organizador da escola
    • Solicitándoo a través do correo electrónico do club indicando nome, apelidos, dni e grupo no que se atopa inscrito e solicita a renovación.
  • Cuota: 50 € / curso a través do número de conta que determine o club organizador
dxtes

 

NOVAS INSCRICIÓNS:

  • Prazo de preinscrición: Do 2 ao 13 de setembro
    • O impreso de preinscrición deberase entregar na sede do club ou na dirección de correo electrónico do club organizador
    • No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
  • Exposición de persoas preinscritas e prazas dispoñibles: A partir do 16 de setembro no taboleiro de anuncios da instalación.
  • Sorteo público: 19 de setembro no lugar e hora que determine o club organizador
  • Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 20 de setembro no taboleiro de anuncios da instalación.
  • Prazo de matrícula: Do 23 ao 27 de setembro, debendo entregar o xustificante de pagamento, no lugar  que  determine o club organizador
  • A partir do 1 de outubro, inscrición libre ata completar prazas