Programa de axudas para implantar a RSE nas pemes galegas (2018)
Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 11 de maio 2018, publicada no DOG nº100, do 28 de maio de 2018.
Obxecto e finalidade:
Axudas e incentivos a pemes e micropemes, incluídos autónomos, para implantar RSE, para a procura da igualdade laboral, a corresponsabilidade e a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, en Galicia, a través das seguintes liñas de actuación:
- Liña I: Implantación da RSE.
- Liña II: Elaboración e implantación de plans de igualdade.
- Liña III: Conciliación da vida laboral, familiar e persoal.
Prazo de solicitude:
O prazo de solicitude finalizará o 28 de xuño de 2018, para accións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2018.
Arteixo, a 28 de maio de 2018
Máis información:
CONCELLO DE ARTEIXO
Concellería de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tfº 981640572