Ir o contido principal

Programa de natación escolar 2017/2018

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

 

  1. Preinscrición: todos os interesados poderán preinscribirse e reservar a súa praza na recepción da piscina municipal de Arteixo nos días que lles corresponda ao seu centro.
  2. Exposición e sorteo: no caso de que haxa mais demanda que prazas, ao día seguinte da finalización do prazo de inscrición realizarase un sorteo e a posterior exposición do listado de admitidos. A exposición do listado farase na páxina web do Concello e no taboleiro da piscina.
  3. Prazo matrícula: O importe da actividade é de 24€ abonados/socio e de 48€ eventuais (8 meses, dende Outubro ata Maio).

Esta actividade vai dirixida as nenas e nenos de primaria e desenvolverase 1 día á semana durante 45 minutos seguindo o calendario escolar.

DATAS PARA A PREINSCRIPCIÓN, SORTEO E MATRÍCULA PARA CADA CENTRO DÍA E HORA DA ACTIVIDADE:

natación escolar

Esta actividade desenvolverase 1 día á semana durante 45 minutos. Os horarios dispoñibles son:

CEIP PONTE DOS BROZOS E UNITARIAS:

  • Mércores ou xoves as 16:00 para os nenos que veñen do colexio (un monitor recollerá aos nenos no comedor do CEIP Ponte dos Brozos, os país recóllenos na piscina) e para os que non usan transporte.
  • Mércores as 16:45 nenos que veñen en autobús.

CEIP SAN XOSÉ OBREIRO DE MEICENDE:

  • Venres as 16:45 con servizo de transporte.

CEIP GALÁN:

    • Luns ou martes ás 16:45 con servizo de transporte.

CEIP ARTEIXO:

    • Luns ou martes ás 16:00 nenos que veñen dende o colexio ou non usan transporte.
    • Xoves ás 16:45 nenos que veñen en autobús.

Para mais información diríxanse á recepción da piscina municipal ou no teléfono 981 633444.